Saltar ao contido

John Salmons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Salmons

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónPlymouth-Whitemarsh High School (en) Traducir
Universidade de Miami Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porSan Antonio Spurs Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
New Orleans Pelicans
Philadelphia 76ers
Chicago Bulls
Sacramento Kings
1998–2002 Miami Hurricanes men's basketball

John Rashall Salmons, nado o 12 de decembro de 1979 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto. Xogaba nas posicións de escolta ou ala.

Instituto e universidade

[editar | editar a fonte]

Foi ao instituto Plymouth-Whitemarsh no estado de Pensilvania, onde se proclamou campión estatal no ano 1997 conseguindo ademais chegar aos 1000 puntos durante a súa estancia alí. No ano 1998 comezou o seu periplo universitario na Universidade de Miami, na cal concluíu o seu ciclo universitario cunhas medias de 10,4 puntos, 5,5 rebotes, 3,5 asistencias e 1,5 roubos por partido.

Salmons foi seleccionado no posto número 26 do Draft da NBA de 2002[1] polos San Antonio Spurs. Foi enviado aos Philadelphia 76ers, onde estivo bastante discreto promediando tan só 4,1 puntos por xogo, e máis tarde aos Kings, onde asinou un contrato multianual, pasando tres anos nos que tivo boas tempadas, especialmente na última, onde unha inusitada mellora do seu lanzamento de tres puntos converteuno nun anotador moi solvente. En decembro de 2006 conseguiu o seu primeiro triplo-dobre ante Denver Nuggets, con 21 puntos, 11 rebotes e 10 asistencias.

O 19 de febreiro de 2009, Sacramento Kings traspasou a Salmons e a Brad Miller a Chicago Bulls a cambio de Andrés Nocioni, Drew Gooden, Michael Ruffin e Cedric Simmons. Coas novas incorporacións Chicago comezou unha remontada na táboa acadando a sétima praza para playoff do Leste. O seu rival en postempada foron os Boston Celtics, actuais campións. A serie foi especialmente igualada índose aos sete partidos, seis deles con prórrogas, mais finalmente os Bulls foron eliminados. A mellor actuación de Salmons na serie foi no cuarto partido (127-128 para Chicago) onde anotou 35 puntos incluíndo un tapón na segunda prórroga a unha tripla de Paul Pierce nos últimos segundos que daba a vitoria aos Bulls.[2] O 18 de febreiro de 2010, Salmons foi traspasado a Milwaukee Bucks a cambio de Hakim Warrick e Joe Alexander.[3]

O 9 de decembro de 2013, Salmons foi traspasado xunto a Patrick Patterson, Greivis Vasquez e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray.[4] O 30 de xuño de 2014, Salmons foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2015 ós Atlanta Hawks, a cambio de Louis Williams e os dereitos de Lucas Nogueira.[5] O 10 de xullo de 2014, foi cortado polos Hawks.[6]

O 26 de agosto de 2014, Salmons asinou cos New Orleans Pelicans.[7] O 19 de febreiro de 2015, Salmons foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre os Pelicans, os Suns e os Miami Heat.[8] Dous días despois, foi cortado polos Suns.[9]

  1. "NBA Draft 2002". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  2. "Boston 127-128 Chicago". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  3. Bulls deal Salmons to Bucks for Warrick and Alexander
  4. "Raptors Acquire Vasquez, Salmons, Hayes & Patterson From Kings". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 
  5. Hawks Acquire 2015 Second Round Pick and Salmons from Toronto
  6. Atlanta Hawks Request Waivers on John Salmons
  7. Pelicans Sign John Salmons
  8. "Suns Stockpile Draft Picks in Trade with Heat". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  9. "Suns Sign Barron to 10-Day Contract". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]